
Ben podían facer unha excepción co advenedizo Aznar, e convalidarlle os 8 anos de paixón branca na Moncloa por uns aniños de socio. A mín gustaríame. En primeiro lugar porque desfrutaría vendo ao bobo este loitar co ladrón de Villalonga e o oligofrénico de Ramón Calderón pola presidencia. Tamén me encantaría ver cómo defende aos Ultra Sur, e cómo explica que eses animais campen polos seus respectos no fondo sur do Bernabeu. Pero, sobre todo, encantaríame ver a Aznar no palco de Riazor como presidente do Madrid. Que tivese que aturar máis de 90 minutos de cánticos e escarnio continuo (vaia, que nin Cañete...). E, por suposto, que saíse escaldado cunha derrota no peto un ano máis.
En realidade isto pouco me sorprende: con ese choio polo que cobra un pastón a cambio de non facer nada (bueno, apoiou a guerra de Irak...) ten moito tempo libre, e todos sabemos que é amiguiño de figurar. Pero non quería abrir un post só para contar as estúpidas pretensións de Aznar. Quería ensinarvos unha portada da revista El Jueves que é con seguridade a que máis coña me fixo de todas as que tiven nas mans:

Xa vedes que o de relacionar os "fritous" co acento texano non foi idea miña... Algo hai que recoñecerlle bo a Ansar: é un plebello como todos nós. De non ser así, algún xuiz tería secuestrado esta portada. Pero xa sabemos que non todos somos iguais ante a lei.
A portada en cuestión recórdanos que Aznar non viaxa soio. A Botella tamén merecería un ou dous posts para ela. A agora concelleira de Medio Ambiente do Concello de Madrid (manda carallo, menudo tanto de Gallardón...) xa nos deu leccións de sexualidade co das peras e as mazás. Mirando ao bo de Josemari, alguén podería pensar que é moita muller para el (sobre todo psicoloxicamente), pero parece que non. Ansar tampouco fuxe dos tabloides do corazón, polos que xa correron un par de rumores de amoríos curiosos. A primeira foi Cayetana Guillén, que sorprendeu máis facendo un comunicado para desmentir unha nova que todos daban por falsa (ou iso cría) que polo rumor en si. A última foi a ministra francesa Rachida Dati, chegándose a especular coa paternidade do seu fillo.
Pouco me interesa a vida persoal de Aznar, pero dubido que nunha axenda tan apretada haxa tempo para estar ao día dos avances científicos con respecto ao cambio climático. Como non queremos ser tan cansinos nin despiadados como a Coz, en enzoufado imos rematar aquí coa campaña anti-Aznar. Por agora.

1 comentários:
Ogallá fose Presidente do Mandril, porque si coa Mona de Pino que teñen aghora xa nos escachamos, co bigotón morremos ca risa.
Por certo, non sei donde escoitei o outro día esta afirmación":
todos fumos gañadores alomenos unha vez na vida: cando o espermatozoide onde íamos chegou primeiro ó ovulo, AGÁS RAMÓN CALDERÓN QUE CHEGOU TERCEIRO E IMPUGNOU A CARREIRA, XDDDDDDDD
Saúdos, FM67
Postar um comentário
Por favor, poñede un nick nos comentarios. É moi sinxelo: seleccionade "Name/URL" na pestaña de abaixo e logo escribide o nick co que queirades comentar.
Se xa tedes conta en blogger seleccionade na pestaña "Google account" e listo, xa fai el todo ;).
Graciñas!