14 de outubro de 2008

O porquiño polo que vale

Teño unha boa anécdota sobre porcos de cando estaba en 3º ou 4º de EXB. Estabamos facendo un día un exame de Sociais, deses que nos dictaba a profe no momento. Unha das preguntas era "Clases de PORTOS". Vese que naquel momento estabamos a estudar medios de transporte e falaramos de que hai portos deportivos, pesqueiros, de mercadorías, etc. Un ilustre compañeiro de clase debía andar pensando en Son Goku, e tivo un cruce de conceptos: confundiu "portos" con "porcos". A profesora era basante filla de puta (Mari Ángeles, do Eusebio da Guarda, por se segue viva), e decidiu humillar ao noso colega diante de todos lendo a súa resposta: "Clases de portos: Porco bravo, xabarín, cocho, cerdo..." (verídico).

A confusión do meu compañeiro é comprensible. O porco é toda unha institución en Galiza. Pilar indispensable da dieta en case todo o país (para desgraza das nosas arterias), e complemento fundamental nas zonas costeiras. Por iso, dende enzoufado estamos moi sensibilizados coa historia de Quinín.

O bo de Quinín no spa. Sería a imaxe perfecta para Enzoufado

O cocho Quinín saltou á fama o marzo pasado cun artigo na Coz: "el cerdo que se cree un perro". Nese artigo atopábamos a un deses elementos que tanto abundan no noso rural chamado Antonio Caramés (alias "O Terrelo"), que decidiu que cun can non tiña suficiente, e facíase acompañar polo seu cocho Quinín a todas partes. A elección non foi casual: o porco era extremadamente intelixente e cariñoso, ademais de sibarita: "coas sobras da comida das persoas é moi exquisito: só quere das miñas".
Todos coñecemos ben o ciclo do porco, así que a pregunta sobre o futuro de Quinín era obrigada. A resposta, moi clara: "Nacemos para morrer, é o que hai [...] Pois nada, o día que lle toque, dareille a man e adeus, compañeiro". Daralle pena comer esa carne? "Home, si, e máis pena me daría pasar sen ela".

O tempo pasou e o San Martiño se achega. Quinín voltou á primeira plana da Coz (se é que para as cousas que non importan informan de carallo). Tal e como manifestara seu dono, Quinín non ía escapar á súa sorte.
Pero o cambio nas sensibilidades, nas necesidades alimenticias e máis o carisma de Quinín impediron que o cochicidio vaia ser tan sinxelo. Dende rabudo.com creouse unha plataforma chamada SALVEMOS A QUINÍN, á cal agora se une enzoufado: "Quinín no fue criado para la charcutería. Está tan humanizado que su matanza se antoja asesinato. Por eso, desde aquí, lanzo una campaña en favor de su indulto. ¡Salvemos a Quinín!"

Apoiamos a petición de indulto de rabudo e de miles de galegos, que xa tivo eco nos medios. Esta web non pode permanecer indiferente á a sorte do galego que máis se enzoufa. Quinín meréceo.
Pero que opinará o seu propietario?? Disque xa comeza a dubidar... Indulto para Quinín!!

Links:

O cocho Quinín convértese en obxecto de debate na rede.
Naceu unha estrela: Quinín.

8 comentários:

ReBr0 disse...

cochicidio XDDDDDDDDDDDDDDD

Si no me equivoco esto sólo puede pasar cerca de la aldea de Rubén :D

¡Me uno a la causa!

Pataka disse...

¿Lo de matar cerdos? Pues no lo creo xD. ¿A qué causa te unes a la que opta por comerselo o a la que opta por sustituirlo por el alcalde?

¡Dumbría siempre! Este año ascendemos.

Leon disse...

Con Quinín a morte sempre!

Animaliño disse...

Iso de con Quinín a morte pode interpretarse das dúas maneiras.
O caso é que o tío (como lle chaman en Dumbría, pataka?) debe andar coa cabeza tola. Coa tontería vaise quedar sen lacóns. Pero penso que gañaría máis se o usa como atractivo turístico. Contrato co Concello XA! Nunca tanto saíra Dumbría na Coz...
Outra sería matar ao pobre Quinín e vender os productos con selo diferenciador. Canto pagariades por un anaco de Quinín?
Esa opción non me gusta, xa que non se valora a intelixencia nas persoas, que se faga cos animais!

ANTI QUININ disse...

Ese animal debe morir como un cerdo.
Espero inviten a la comilona...
ñam ñam..
los cerdos a la parrilla son exquisitos.

Y no lo defiendan tanto es solo un
ser vivo que nació para ser comido.
eso..
nos vemos.. me dió hambre.
Venga esa costilla de cerdo a mi plato..
hmm que rica..
"CAMPAÑA INVITEN AL ASADO DE QUININ"
esperamos todos se inscriban.

ADEMAS 2 MESES ES MUCHO TIEMPO,
ESPEREMOS QUE ENGORDE HASTA EL 31 DE OCTUBRE Y A LA PARRILLA CON EL CERDITOOOO!!

Antón Pérez disse...

"Home, si, e máis pena me daría pasar sen ela..." Xenial...

... E ademáis síntoo polo porco, pero penso que son dos do bando de Caramés; co que boto de menos ter matanza na casa...!

Animaliño disse...

Joder, case prefería cando coñecía a todos os que entraban á páxina ;)

Pataka disse...

O tipo chamanlle "O Terrelo".
É dos mais normais de alí sen dubidas. Algun dia se te animas tes para unha reportaxe de investigación soamente coa vida de "Manoliño do Carnotán" ou o "xuíz" de paz.

P.D: Noticia sobre a visita de Antonio & Melanie xa! xD

Postar um comentário

Por favor, poñede un nick nos comentarios. É moi sinxelo: seleccionade "Name/URL" na pestaña de abaixo e logo escribide o nick co que queirades comentar.

Se xa tedes conta en blogger seleccionade na pestaña "Google account" e listo, xa fai el todo ;).

Graciñas!