7 de novembro de 2008

O porquiño polo que vale....... 12.000 eurazos

O tema de Quinín está tomando, como por outro lado era previsible, tintes mafiosos. Xa mo advertiu un contacto que teño en Dumbría hai un tempo: "o Terrelo (o propietario de Quinín, Antonio Caramés) é moi listo. Xa anda buscando unha subvención para deixar vivo ao porco...". Bueno, estamos nun país no que a xente do rural adquiriu a mala costume de que lle pagasen por non facer cousas: non producir leite, abandoar os cultivos... Non é culpa deles, senón de quen trata aos labregos como se fosen os indios dunha reserva, pero sen casinos. Así que neste contexto ata podo entender o razoamento do señor. A ninguén lle gusta renunciar a uns chourizos...


A cousa comeza a dexenerar cando entra en escea unha ONG catalana, AnimaNaturalis, tan benintencionada como inxenua. Pretende mercar a Quinín e trasladalo a unha granxa na que poida xogar con cativos e dar os seus longos paseos. Todo apunta a un final feliz, ata que tocamos o cochino tema dos cartos: eles ofrecen 400 euros, pero o Terrelo pide... 12.000!!!!

Doce mil eurazos por un cocho que valeu (segundo a mesma muller do propietario) 60 euros na feira. Dous millóns de pesetas!!

Obviamente en AnimaNaturalis non están dispostos a pagar tanto. A verdade é que xa non sei ben o que pintaba esta xente vindo ata Galiza para mercar un cocho por 400 euros, por moi Quinín que fose. Pero o divertido é ver a nova faceta do Terrelo convertido en secuestrador de cochos e estafador de perroflautas.

Terrelo ao mundo: "Se non acceden ás miñas peticións, devolvereilles ao cocho envasado ao baleiro!"

Que terá pensado este home? Tensar a corda? Preferirá levar a cabo o cochicidio para logo vender os chourizos de Quinín a prezos prohibitivos no seu bar? Non me cabe dúbida de que o coitelo non lle ha tremar na man. A conta atrás para o San Martiño continúa...

E mentres un trata de aproveitarse do olfato informativo dos intrépidos becarios da Coz (vaia monstro crearon...), outros simplemente desfrutan das súas mascotas. É o caso de Ramón Bértoa, veciño de Batalo, na Laracha. Cuestionado polo caso de Quinín, este bo home declara: «A min iso non me gusta. Eu a Mula tereina comigo ata que morra». Mula é un xabarín femia de 5 anos que tamén comparte paseos e xogos co seu dono. Resposta ás ordes deste e cómelle na man. E, polo que parece, agárdalle unha morte natural.

Mula co seu dono Roberto

Non quedará aquí o tema. O home de Enzoufado en Dumbría xa avisou de que o caso de Quinín era a punta do iceberg. Seica hai un veciño da zona que tamén ten un xabarín por mascota, e ven xuntos a tele despois de comer... Non sei cómo se lles puido escapar aos da Coz, debían estar mirando no lixo de Lendoiro.


Algo que sabe tan ben non pode ser malo

A pregunta é: será verdade que vivimos nun país de animales? Enténdemonos mellor cos cochos e cos porcos en xeral que coas persoas? O Xabarín Club realmente constitúe unha imaxe atávica para todos nós? Benvidos a Cocholand!

Link:
Podedes ler esta nova na web de AnimaNaturalis (grazas, León!). Será casualidade pero é calcadiña á da Coz (foto inclusive que eu tamén "roubei")...

8 comentários:

FM67 disse...

O día que os listos sexan disciplina olímpica, Galicia arrasa nas Olimpiadas... Qué País, Diosssssssssss

Anônimo disse...

se fai tapas de quinín...imolas comer???

sintoo, e q eu tamen son do país..e non lle collin cariño ao cocho.

Anônimo disse...

gran video!!! el de springsteen!!!

tienes q poner más...

podrias hacer una sección de incursiones famosas en videoclips... te doy el primero: dancing in the dark...

lo siento, yo barro para casa.

Anônimo disse...

PatakaProQuinín:

Calqueira dia facemos unha rusa turística por Dumbría e alrededores en busca de temas e persoaxes curiosos. Próxima parada: Manoliño do Carnotán.

P.D: Non fuciona o tema de marca Nome/URL. Puto Bill Gates

Animaliño disse...

Boa idea o de incursións de famosos en videoclips... o problema de todas esas cousas é que rematan cansando. De todos xeitos xa teño algúns novos para unha nova sección de videoclips lamentables.

Pataka, é certo que hai tempo que funciona mal o de poñer o nome... Ou tes conta en blogger (que se obtén automaticamente se tes gmail, por exemplo), ou entras como anónimo. Unha putada. Se é que unha empresa na que a xente vai en chándal á oficina non pode ser seria...

FM67 disse...

http://www.southparkstudios.com/episodes/207897/
non te perdas esto, é impagable

Antonio P. disse...

Grande.. SpiiiiderCerdo!
Fáltache o do anuncio de "Tú lo que estás viendo es un cerdo volando"
Famoso onde os haxa tamén jeje
Un saúdo.

Leon disse...

Amigos si,pero o porquiño polo que vale.
Se un coche vale 2 millóns de pesetas porque non os vai valer un porco?

Date conta de que un porco podete transportar perfectamente,e se algún dia ven a fame...dun coche non se aproveita nada(secadra o líquido do limpia se entra a sede)pero de comer..

Non tedes nada que facer,posicionome con Terrelo e comparto as suas teses.

Por certo,deixo este link:

http://www.animanaturalis.org/post/8778

aí comentan o asunto. Saudos meu!

Postar um comentário

Por favor, poñede un nick nos comentarios. É moi sinxelo: seleccionade "Name/URL" na pestaña de abaixo e logo escribide o nick co que queirades comentar.

Se xa tedes conta en blogger seleccionade na pestaña "Google account" e listo, xa fai el todo ;).

Graciñas!