30 de novembro de 2008

O porquiño polo que vale: 3.300 euros

Na enquisa celebrada nesta páxina a semana pasada, os enzoufados demostráchedes ser bastante excépticos sobre o futuro do noso Quinín. Pois ben, o tempo deulle a razón a ese 14% (creo que foi 1 só voto XD) que confiou na supervivencia do cocho, polo menos de momento. Efectivamente, Quinín foi vendido e VAI VIVIR. Obxectivo da campaña cumprido.

"Hai alguén ahí?? Si, non si..."

Os compradores do cocho son unha xente de Carral que prefire permanecer no anonimato. Non me extraña, porque se alguén sabe que vas pagar 3.300 eurazos por un cocho (e hai xente morrendo de fame...), calquera propina parece pouca. En Carral Quinín levará unha vida agradable: a súa propia caseta (con nome e todo), sitio para pasear, compañía e a garantía de que non o van facer chourizos. Só algo ameaza o seu confortable futuro: a obesidade. Os 200 kilos de Quinín son unha nova magnífica se pensamos en comelo aos poucos en inverno (como dixo o Terrelo, "está en forma"), pero de cara a unha vida saudable, as súas arterias teñen moito que sufrir.
Ofertas non faltaron. Aparte da de Animanaturalis (non é por caer nos tópicos, pero a oferta catalana foi a máis cutre), Antonio e Carmen recibiron moitas chamadas nos últimos días. Unha persoa de Coruña ofrecía 3000 euros, pero botouse atrás ao ver ao cocho tan enorme. Debía de pensar que era un destes cochos ananos tailandeses. Qué pijos urbanitas somos, carallo!



Enorme video, no que unha locutora sudamericana comenta este fenómeno informativo. Grandes palabras do Terrelo: "Quinín, que está en forma... ahí no hai magro ni na... eso... es MANTECA". Iso si, o cocho está ben porco para a ocasión...

Por suposto, todo isto ven documentado na Coz de Malicia, ultimamente coñecida como A Gaceta de Quinín. Nesta ocasión a que fala é dona Carmen. E teño que dicir que prefiro ao Terrelo. Moitas cousas se poden dicir sobre Antonio Caramés, pero sempre foi claro e sincero, como debe ser. A súa muller sae con declaracións como: "...non o van matar, e iso é o que nos importa". Agora con esas señora Carmen?? Se leva matado máis porcos vostede na súa vida que eu mosquitos... Non trate de quedar ben agora, que se fose por vostede non había nin paseos, nin noticia, nin Quinín.
Dona Carmen tamén nos informa de que Quinín sospeita algo. Anda desconfiado e non quere saír da corte. Ela está convencido de que sabe o que está a pasar. E non me sorprendería, hai animais moi perspicaces que son capaces de captar as intencións ou humor dos donos a través de xestos e sensacións que nos resultan imperceptibles. Non en van, Quinín sempre foi un cocho moi sensible, de feito cando chegou a casa dos Caramés non comía. Foi a súa amizade con Tila e os seus paseos os que o sacaron desa depresión.
Con estes antecedentes, os antigos donos idearon un plan de engano para que o cocho accedese a subir na furgoneta que o levará a Carral. Non é moi sutil: deixárono sen comer o venres e puxéronlle onte unha pota de caldo no remolque. Caerá Quinín nesa burda trampa? Estará nestes momentos en Carral?

Recoméndovos (por primeira e última vez) encarecidamente o artigo da Coz, anque solo sexa polo seu fantástico video. Nel poderedes apreciar:
  • Ao Terrelo convertido en Songoku: percorrendo Dumbría cun bastón de pau e acompañado doun cocho. Referencia friki evidente.
  • A Quinín enzoufándose na súa poza favorita, xunto "ao depósito que abastece á localidade". A ver se os problemas de Emalcsa tamén van vir por ahí...
  • Grandísimo Terrelo e grandísimas declaracións, nas que fala de si mesmo en terceira persoa. Sinceiramente, vese que realmente quere ao animal.
  • Podedes apreciar o lorzón que anda o Quinín. Hai que velo para crelo! Case que lle costa andar. Menuda mole.
  • O narrador (un tal Juan V. Lado). O seu ton de voz emparéntao directamente con Cañita Brava.

Quinín safou de ser unha víctima máis do Jigsaw matarife.

E agora que? Preguntámonos todos... Morreu o tema Quinín? Non penso que a Coz renuncie ao bombazo informativo do ano. Eu, dende logo, non o farei. Próximas novas en enzoufado:
  • A loita de Quinín contra o sobrepeso! Entrenamentos personalizados. Presenciaremos o nacemento do Pilates-Quinín?
  • Como se adaptará Quinín a Carral? Botará en falta ao Terrelo, dona Carmen e máis a Tila? Gustaralle o pan? Quererán os donos facerse uns abrigos de pel de cocho?
  • Como será a vida do Terrelo sen Quinín?
  • Os amoríos de Quinín: en Carral haiche moita porca...
  • Carmen xa falou dun novo porco na casa dos Caramés. E xa ten nome: Quinín II. Superará ao seu antecesor?? Aínda que fose así, penso que o bo de Antonio vai fuxir en canto vexa outro xornalista da Coz achegarse... Que o deixen en paz cos seus porcos e os seus paseos!
En todo caso, noraboa a todos os que apoiaron a campaña Salvemos a Quinín! E o desexo sinceiro de que todo lles vaia ben aos protagonistas destas historia.

7 comentários:

missC disse...

ola, só teño un montón de emocións encontradas.
Estou moi contenta de que Quinín estea a salvo, lástima que non dure moito. Os novos donos teñen que poñelo a facer footing en vez de paseos, porque vai rebentar!
Por outra parte, agora lendo isto, na compaña do meu pai, estabamos a falar desta sociedade, que se preocupa máis por un porco ca por cousas mil veces máis importantes (eu a primeira). Non sei se é unha frivolidade ou que...

Pataka disse...

Moito Quinín! Creo que ten corda para rato, non está fondón, simplemente está forte xD.

¿Cal será a próxima do Terrelo?
Dende aquí propoño unha visita cultural o seu bar.

Un saúdo.

ReBr0 disse...

¿Y por Tila ( http://www.red-alerts.com/wp-content/uploads/2007/09/tila-tequila-white-bikini-sex-hair.jpg ) cuánto piden?

FM67 disse...

Uy, uy uy, Qinín ten a mesma caída de ollos que o dono, uyyyyyyyyyyyy

Animaliño disse...

Ola a todos.
missC, vexo que atopaches nick. Sobre o que dis da frivolidade... bueno, eu sempre abordei este tema dende unha perspectiva de humor. Claro que o que está por detrás é precisamente iso, como tamén destacaron outros comentarios. Un pouco o choque entre a Galiza tradicional na que, por moito que se queira a un animal, existe un ciclo da vida, e o dunha Galiza alonxada diso e de novos ricos, que actúa con tan boa intención como frivolidade. Un tema interesante.

Pataka, grande a túa terra. Quinín non está gordo, ten os osos grosos XD.

ReBr0, ti sempre pensando no único XD. Esa tila si que non a vendía nin o Terrelo sen terlle metido antes o dente.

FM, é sabido que o porco é un dos animais fisioloxicamente máis próximos ao home, así que todo é posible... En canto a fotos, eu prefiro aquela na que anda "fozando" nos fieitos do monte. Parece que se está a escachar de nós XDD.

Saúde!

Antón Pérez disse...

Mágoa de cocho, co que boto eu en falta facer matanza na casa... E xa que estamos, parabéns por esta grandísima entrada! :-D

Anônimo disse...

www.salvemosaquinin.org ;-)

Postar um comentário

Por favor, poñede un nick nos comentarios. É moi sinxelo: seleccionade "Name/URL" na pestaña de abaixo e logo escribide o nick co que queirades comentar.

Se xa tedes conta en blogger seleccionade na pestaña "Google account" e listo, xa fai el todo ;).

Graciñas!