Hai un tempo que vin o vídeo de Animal Nitrate, un temazo de Suede. Non sei a vos, pero a mín o vídeo pareceume bastante lamentable, así que xa pensei en metelo naquel saco que abrimos no verán. Dende logo, trátase dun vídeo que tenta ser provocador e, para mín, acaba caendo no ridículo. Provocador foi, de feito estivo prohibido porque orixinalmente saían dous homes bicándose. Finalmente tiveron que facelo detrás dunha cortina para que ninguén se ofendese... O máis coñero é que un dos actores tiñá alerxia ao tecido da cortina!
Watch more Rock music videos at EZ-Tracks
Temazo!
O que rematou de romperme foi o boneco con cabeza de cocho que aparece no videoclip. Está claro que nos trata de dicir algo que non deixa de ser moi certo: no fondo todos somos animais feitos de nitróxeno: uns cochos de carallo apenas disfrazados. Este profundo concepto sobre a fina línea civilizadora que separa ao home dos animais exprésao inmellorablemente o meu electricista de toda a vida: "Sómosche un cacho de unto con ollos!".
Pero que non flipen estes ingleses coas súas provocacións de pijo-bizarras. Se polo 1993 os fillos da Gran Bretaña non podían ver gays en tv, a infancia galega (da cal eu era membro orgulloso) desfrutaba con videoclips plagados de porcos, galiñas, xabaríns e ata...luras.
Seguro que tamén os había noutros, pero cando penso nun porco nun videoclip, a mín venme este á cabeza:
Esta é unha das miñas cancións do Xabarín favoritas. É moito dicir, pero é que o ten todo:
- Un cocho con peluca.
- Juanillo Esteban (a voz do Xabarín, alias Yoni Mediogramo, o yonki de Labañou...).
- Unha lurpia patilonga con minisaia provocadora (decateime que non me fixaba niso cando o vía de pequeno...) cun look moi similar ao de Uma Thurman en Pulp Fiction, pero mellorándoo coa camiseta do Xabarín.

7 comentários:
Moitas gracias polo teu comentario en marcus.es.
Aperta.
Antón L.
nicetrip
De nada, Antón. Tiven a sorte de coñecerte o ano pasado na festa de aniversario dos Belés, en Monelos, pero por desgracia logo perdinche e non puidemos falar. Mellor, así non puideches catalogarme de freak pola importante cantidade de merchandising de nicetrip que posúo, comezando pola bandeiriña da vaca no coche.
Saúde!
"Nicetrip" rules, si señor.E "zapping" mais ainda
Bizarrismo total no xabarín, que grandes videoclips facian. Eu teño varios preferidos, o mellor era "Unha partida brava de futbolín" grabado no que era o bar dos Blues daquela, o mítico "Parrús" e logo estaba o de Heredeiros nunha canoa ou unha cousa así.
Un saudo crack. Princi.
Por certo, como ben sabes son de Labañou e non coñezo ao medio gramo ese, yonkis uns cantos, pero ese en concreto debeu morrer xa. Princi.
Yoni está ben vivo, porque administra con coidado as doses: a saco cando pode e abstinencia total cando está inconsciente.
A "Oda ao futbolín" é un clásico entre os clásicos. Penso que o outro que dis é o de Íscalle Lura, dos Herdeiros.
"Iscalle lura my friend, iscalle lura meu rey, iscalle lura my friend, iscalle lura EI!!!
Por certo, onte saiu na voz que os Tonechos xa non actuarán mais xuntos. Asume a tua parte de culpa. Ensineille o video a miña avoa e dixo:
!Polo menos non e maricas!
Pero xa teñen unha seguidora menos.
Asumo toda a responsabilidade de meter a Tucho na drogha... Sinto terche desmontado un mito a ti e á túa avoa, pero seica era vox populi, aínda que unha cousa é esa e outra deixarse grabar por uns maruláns. De todos os xeitos a culpa é túa por andarlle ensinando esas cousas á pobre muller
Á túa avoa invítoa cando queira a unha cea con Samuel Bujarra, Guti e Cerolo ;).
Por outro lado, a decadencia "artística" dos Tonechos xa se viña fraguando. Eu penso que Tucho faría un bo dúo cómico con Yoni Mediogramo XD.
PD: qué mítico iso de dicir "maricas" entre a xente de determinadas zonas e idades, si señor.
Postar um comentário
Por favor, poñede un nick nos comentarios. É moi sinxelo: seleccionade "Name/URL" na pestaña de abaixo e logo escribide o nick co que queirades comentar.
Se xa tedes conta en blogger seleccionade na pestaña "Google account" e listo, xa fai el todo ;).
Graciñas!