Estaba situado aparentemente a escasos quilómetros do punto no que eles se atopaban. Aquilo non era un avión. Movíase dun lado a outro, a pouca altura e con axilidade. Finalmente alonxouse "a velocidad vertiginosa hacia las estrellas".
Isto foi o que Mari relatou á Guardia Civil de Oleiros e ao Instituto Coruño de Astronomía (prefiren que lles chamen Jaiscul de Astronomy de Lacoru). Sobre a forma do aparello, dixeron que semellaba redondo, aínda que, moi acertadamente, a muller sinalou que ao posuír unha forte luz, calquera cousa ten apariencia redondeada. Acompañou o testimonio de fotos do obxecto, aínda que se lamentaba da calidade: "llevábamos una cámara y le hicimos dos fotos, el problema es que yo no manejo muy bien el zoom y tal vez no saqué todo el partido de la situación [...]".
Isto último xa cheira un pouco máis a can, habida conta de que hoxe, xoves 26 de marzo, organízase un taller sobre cómo sacar fotos a OVNIS na fnac da Coruña. Qué coincidencias...
Pero como en Enzoufado sempre investigamos a fondo, descubrimos que hai bos motivos para aparcar o excepticismo e darlle algo de credibilidade a Mari Cruz. Lonxe de ser un feito excepcional, buceando na rede atopeime con que os galegos levamos décadas sendo visitados asiduamente polos OVNIs.
Na páxina Expedientes Secretos podedes atopar información sobre a derradeira ondonada (que dicía o outro) OVNI en Galicia, entre os anos 95 e 97. Como alí se sinala, "los avistamientos se producen casi a diario desde el día 20 de noviembre, prácticamente en las provincias de La Coruña y Lugo (saben pouco...), con objetos de forma triangular, a veces romboidal, que sobrevuelan los cielos gallegos en silencio y a muy baja altura". Bueno, xa postos a sobrevoar, mola que sexan silenciosos, non hai nada que joda máis que un veciño estranxeiro que se pase o día a ritmo de cumbia. Nesta páxina faise mención a varios avistamentos que tiveron lugar en moi pouco tempo a finais de 1997. Non ten desperdicio:
20 noviembre 1997
En el monte de la Espenuca en Betanzos alrededor de las 20:30, dos testigos presencian una bola de luz anaranjada de gran tamaño desplazándose lentamente por el cielo.
Sobre las 21:15 regresando en coche, las dos mismas personas vuelven a ver dicha luz acercándose al coche por detrás, esta vez mucho más grande. Se bajan, y pueden presenciar el paso de un enorme objeto triangular volando a muy baja altura y emitiendo un suave ruido de motor. Llevaba unos "focos alargados" de luz roja y verde en el lado derecho e izquierdo respectivamente, así como dos luces blancas en la parte delantera, todas ellas fijas.Este parécese a polla a un tractor, excepto polo do suave ruído do motor... O seguinte é máis esotérico:
Una vecina de la Coruña asegura haber visto esa noche desde una zona céntrica de la ciudad, una gran luz estática en el cielo en forma de cruz. La pierde de vista unos segundos tras unos edificios al cruzar la calle, y acto seguido, en el mismo lugar ve las mismas luces esta vez no como una cruz sino en forma de boomerang o delta.
E logo non serían unha T primeiro e unha D despois? A señora estaba flipando con Barrio Sésamo.
11 diciembre 1997
Otra vez en Betanzos (betanceiros + viño = perigo público), unos testigos observan un enorme objeto pasar sobre sus cabezas a una altura de aproximadamente 300 metros, esta vez romboidal, con cuatro focos de luz blanca muy potentes en cada esquina. En el centro una roja que daba destellos.
El OVNI emitía un ruido de motor muy suave.Al alejarse en dirección la Coruña, y aproximarse a la ciudad, sus luces de la derecha e izquierda comenzaron también a parpadear.
Acaso os OVNIs non teñen intermitentes? Estaría incorporándose a Alfonso Molina.
Todo parece indicar que se trata de uno o varios objetos similares y de gran tamaño, que podemos considerar como OVNIs, por el hecho de no haber podido ser identificados.Para tratar de dar una explicación, se puede decir que por la forma, nos recuerda al caza bombardero de la saga Stealth B2, invisible al radar.
Demasiado sofisticado para o exército español. Son marcianos fijo.
Sabemos que con este triángulo volador se hacen vuelos de prueba e incluso operativos, entre los Estados Unidos y una base norteamericana en Inglaterra, y que en situaciones de poca visibilidad, o debido a las malas condiciones atmosféricas, no se descarta el hecho que uno de estos aparatos descienda de su nivel de vuelo para orientarse por la orografía del terreno, adentrándose incluso en territorio español.
Baixan a tomar unhas cuncas os cabróns.
De todas formas esto no es más que una simple hipótesis, puesto que no es posible sacar una conclusión así de forma precipitada. Evidentemente las investigaciones no han hecho más que comenzar...
Iso si, non vaiamos aventurar ningunha hipótese estrana...
Atopei outra web na que se fala de confusións entre OVNIs e globos estratosféricos (StratoCat). Un dos casos que se menciona é o do colchón voador de Galicia. Un suposto OVNI que veu moita xente en Lugo, Ferrol e a Costa da Morte.
Aspecto do OVNI-colchón, en realidade un globo estratosférico. Como tiña forma de V, moitos dixeron que tiña "patas". O da luz que o explique outro...Unha boa pregunta sería por qué os marcianos escollen Galicia. Posiblemente nos visitan dende antes que os madrileños, e en todas as épocas do ano. Aquí van algunhas hipóteses:
- Veñen repostar: se son OVNIs portugueses é evidente que lles cunde vir aquí a coller gasofa. Sabe dios o que consume un prato deses.
- Veñen comer pulpo: posiblemente ese animal lles recorde ao seu mundo de orixe.
- Están facendo o camiño de Santiago: vale que non é a pé, pero recorrerse medio Sistema Solar tamén debería lavar os pecados.
- Traballan a soldo para Baltar: olliño co que fas que ese home ten mil ollos.
- Queren ver fútbol de Primeira División: é o caso dos OVNIs vigueses e ovetenses.
- Veñen a abducir vacas: é universalmente coñecido o cariño dos selenitas polos bóvidos.
- Veñen escoitar aos Satélites: a orquesta favorita do espacio exterior.
- Teñen morriña: quizais os primeiros emigrantes da Galaxia eran galegos e lles presta pasearse ata aquí. Representan o 17% do censo electoral.
- Buaneno! Mira paí! Un OFNI!!- Qué dirás, chorvo! Es el pucho que tangué ayer en el Bershka! Se lo tiré al chukel en plan frisbi. Te quedaste?
Xa sabedes: olliño cos puntos de luz no ceo e cos paus da lus na estrada.



9 comentários:
Entendo que o tomes a broma,todo aquel que non sabe moito do fenómeno OVNI tende a facer mofa do tema.
Eu sigo estos temas dende a perspectiva de que existen e sobrevoan os nosos ceos como facemos os humanos cos ceos de marte,da luna...
É certo que moitas veces estes avistamentos teñen unha explicación doada. Nunha noite despexada e sen contaminación lumínica puiden observar movementos de satelites, a I.S.S,globos estratosféricos... todos eles obxectos voantes que moitos non poden identificar.
Polo de pronto xa se están a desclasificar moitos expedientes militares sobre avistamentos ou ataques a este tipo de obxectos. Seguide co escarnio, o día que baixen a terra e vos curten a cabeza xa farei eu un artigo titulado: "Enzoufado o primeiro en rirse,enzoufado o primeiro en morrer"
En Iñás hai e vive un extraterrestre, que se chama Gelo... e hasta aquí podo ler, como decía Mayra no 123 XDDDDDDD
Outro fenómeno extraterrestre...
http://www.elmundo.es/elmundo/2009/03/25/internacional/1238011768.html
Pasei por Iñas o domingo noite e confirmo a version desta familia!
Pero logo decateime de que era unha destas farolas do parque comecial de oleiros!
xDDDDDDDDDDDDD
@Princi, en realidade esta apariencia de mofa non é casual. Os venusianos abducíronme e agora traballo para eles. Interésalles que nos confiemos e sexamos escépticos. Dese xeito estaremos mal preparados para a batalla final. Digo isto durante os 15 minutos diarios nos que o meu cerebro volta a ser meu.
@FM, Gelo sempre quixo tocar cos Satélites, por algo sería. Co do pene xigante escachei XD. Fágolle iso a meus pais e mátanme.
@Antón, pois eu estaba todo contento pensando que polo menos alguén ía a ese centro comercial ;)
Pode ser cousa das ghafas qu'eu non mire ben...
A mín tenme abducido unha tal María que vive a carón de mín no 3º. Ese sí que é un bo Movni deluxe.
O que non sei e se é de Iñás ou se vai ó Centro Comercial de Oleiros, mesmo non sei se lle gustan Os Satélites, seguirei invstigando
Vos recomendo encarecidamente, se é que non a víchedes, a peli española "Platillos Volantes", de 2003, baseada nun feito real. Medio comedia, medio drama, pero a min gustoume.
Noraboa polo post. Curráchelo e as deducións están logradas e cargadiñas de retranca, como debe ser.
É a primeira visita que che fago, pero creo que vai haber moitas máis.
Un saúdo.
Postar um comentário
Por favor, poñede un nick nos comentarios. É moi sinxelo: seleccionade "Name/URL" na pestaña de abaixo e logo escribide o nick co que queirades comentar.
Se xa tedes conta en blogger seleccionade na pestaña "Google account" e listo, xa fai el todo ;).
Graciñas!